Esta tarde [15/10/2015] dixo adeus unha figura moi relevante no panorama galego da comunicación, xa que o xornalista e blogueiro Nacho Mirás Fole faleceu a consecuencia do cancro co que levaba anos loitando á vez que compartía os seus difíciles momentos cos seus seareiros a través de redes sociais, do seu blog, e incluso a través dun libro de grande éxito, El mejor peor momento de mi vida, que facía unha interesante achega á loita contra o cancro grazas á aguda perspectiva que sempre caracterizou a Mirás durante a súa carreira profesional.
Nacho Mirás demostrou ser un grandísimo comunicador, de xeito que cando iniciou o seu peor momento vital, en vez de recluírse, abriuse ao mundo a través da Rede, o que o ano pasado traduciuse en múltiples recoñecementos, entre os que podemos destacar o Premio 20blogs ao mellor blog persoal de 2013 e unha mención especial na última edición de MexilOnseTuits.
A loita de Mirás contra a enfermidade foi tamén unha reivindicación da Sanidade Pública, unha critica mordaz contra a burocracia e unha aproximación á parte máis humana das persoas, que levou a moitos a conectar co blogueiro máis rabudo, que sempre foi moi activo na Rede, chegando a ser todo un pioneiro en plataformas como Second Life, onde chegou a fundar un Centro Galego.
Perdemos así hoxe todo un referente do bo facer no mundo do xornalismo e na comunicación a través da Internet, que conseguiu deixar unha profunda pegada entre os seus milleiros de lectores e seareiros.
Publicado en www.codigocero.com
Begoña Caamaño, a tecedora da nova mitoloxía, de María Cedrón
-
María Cedrón Begoña Caamaño, a tecedora da nova mitoloxía La Voz de
Galicia, A Coruña, 102 páxinas, 2026 A xornalista María Cedrón tratou e
coñeceu a Begoñ...
Hace 1 día

0 comentarios :
Publicar un comentario