Por Manuel Bragado.
Anóxame a violencia, mais indígname moito máis a violencia machista, ese terrorismo doméstico de aparente baixa intensidade, xerado nos espazos do privado, que este verán se intensificou de forma brutal en Galicia. Fronte a casos como o asasinato de Monica Lorenzo en Barro ou o tiroteo sofrido por Sonia F.D. en Chantada, requírese unha resposta moito máis enérxica ca que esta ofrecendo a sociedade galega. Xaora, combater a violencia machista require de medios e compromiso das administracións públicas para protexer de forma efectiva ás vítimas e sensibilizar a mulleres e homes de todas as idades que este é un comportamento absolutamente reprobable. Porén, non esquezamos que os colectivos feministas denuncian que os recortes están afectando ás políticas para combatela, así como tamén os efectos que, tras a retirada de competencias aos concellos, provocou o desmantelamento da rede de axuda de primeira instancia e a baixada do número de denuncias. Como tamén son moi preocupantes a influencia que sobre a mocidade actual teñen eses modelos nefastos do amor romántico que ao fin e o cabo fomentan esta violencia e maltrato. Erradicalas aínda é un reto.
Publicado o 28/08/2014 en http://bretemas.com/
Ligazón
O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz, de Eva Veiga
-
Eva Veiga O que se volve raíz / Lo que se vuelve raíz (tradución ao
castelán de Teresa Seara) Olifante, … Máis
Hace 1 día








0 comentarios :
Publicar un comentario