Pagas, helicópteros, camaróns e xenebra

2/3/15


Por Ramón Vilar Landeira.


O nome é inventado, a historia non; Evaristo pasou tanto traballo para que lle desen a paga por enfermo que mellor lle tería sido seguir na agraria. A mediados dos 90, cando xa tiña cincuenta e bastantes anos, a administración recoñeceu que non estaba en condicións de desenvolver actividade algunha. Certo que non tiña unha saúde moi forte e que o alcohol, do que abusaba máis do que debera, facía o seu estrago. Tamén habería que sumar, sendo honesto, que non era dos que abrazaba o traballo cando o atopaba de fronte.


Ler máis...


0 comentarios :

Publicar un comentario