Hoxe é o Día

25/7/15


Por Xosé Manuel Pereiro.


Hoxe é vixésimo quinto día do sétimo mes do ano, data na que se celebra o Día da Patria Galega, segundo unha iniciativa das Irmandades da Fala que se vén sucedendo, con sobresaltos considerables, desde 1919. Non sei por que a aqueles venerables pais da patria lles deu por escoller o 25 de xullo. Probablemente porque no día de Santiago a todos lles prestaba ir a Compostela, viaxe que daquela se preparaba cun par de días de antelación. En 1979, cando se facían os 60 anos xustos daquela, a Xunta declarou esa data festa oficial da comunidade, co nome de Día Nacional de Galicia. Nesas seis décadas houbo uns 15 anos de celebración antes de Franco, unha longa noite de conmemoracións na emigración e máis tarde outros quince anos de misas de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres ou de manifestacións clandestinas, antes da actual etapa de 35 anos de manifestacións que se foron facendo normais. Iso, na sociedade que nos ocupa, é unha tradición tan ancestral como as competición de remo Oxford-Cambrigde.


Ler máis...

0 comentarios :

Publicar un comentario

 
Usamos cookies propias e de terceiros para axudarche na túa navegación. Se continuas navegando consideramos que aceptas o uso de cookiesMáis informaciónPechar mensaxe