O novo hospital de Vigo: responsabilidades políticas e xudiciais

18/9/15


Por Pablo Vaamonde.


Duascentas mil persoas manifestáronse nas rúas de Vigo a primeiros de setembro para expresar, nun berro colectivo, que o Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) - recentemente inaugurado e entregado a mans privadas para a súa explotación- non da resposta ás necesidades da poboación da comarca.

A privatización da xestión, as irregularidades e demoras na construción, as numerosas deficiencias do edificio, o abusivo cobro polo aparcadoiro e por outros servizos do hospital: todos estes factores levan a un descontento xeral da poboación. A morte dunha muller ingresada, xusto o día anterior á manifestación (infectada polo fungo Aspergillus que, segundo os expertos, debe ter unha presenza nula nun centro hospitalario) provocou, ademais, unha severa alarma social e profesional que as autoridades sanitarias non son quen de atallar.


Ler máis...

0 comentarios :

Publicar un comentario